Soiuz T-5
Soiuz T-5 | |
---|---|
Selo conmemorativo da misión Soiuz T-5 | |
Tipo | Tripulada |
Data de lanzamento | 13 de maio de 1982, 9:58 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Soiuz U[2][5] |
Sitio de lanzamento | Cosmódromo de Baikonur[2][6] |
Duración da misión | 106,21 días[6] |
Obxectivo da misión | Acomplamento coa estación espacial Saliut 7.[2][6] |
Regreso | 27 de agosto de 1982, 15:04 GMT[1][6] |
NSSDC ID | 1982-042A |
Masa | 6850,0 kg[2][5][6] |
Soiuz T-5 foi unha misión espacial tripulada soviética lanzada o 13 de maio de 1982 mediante un foguete Soiuz U desde o cosmódromo de Baikonur.[2][3][5]
Características
[editar | editar a fonte]Soiuz T-5, unha Soiuz modelo T cos cosmonautas Anatoli Berezovoi e Valentin Lebedev a bordo, foi unha misión lanzada para acoplarse coa estación espacial Saliut 7 e facer experimentos a bordo. A tripulación lanzou un pequeno satélite artificial de comunicacións de 28 kg para radioafeccionados desde a esclusa da Saliut 7.[2][3][4][5]
Durante a súa estancia a estación recibiu a visita da Progress 13, a Soiuz T-6, a Soiuz T-7, a Progress 15 e a Progress 16. Berezovoi e Lebedev regresaron a terra na Soiuz T-7 o 10 de decembro de 1982 despois de 106 días en órbita, mentres que a Soiuz T-5 regresou o 27 de agosto de 1982 ás 15:04 GMT cos cosmonautas Leonid Popov, Savitskaya e Aleksandr Serebrov a bordo, aterrando a uns 118 km de Dzhezkazgan.[2][3][4][5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 N2YO (2017). Real Time Satellite Tracking, ed. "SOYUZ-T 5" (en inglés). Consultado o 12 de novembro de 2017.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 NASA (21 de marzo de 2017). "Soyuz-T 5" (en inglés). Consultado o 12 de novembro de 2017.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 "Note verbale dated 17 August 1982 from the Permanent Mission of the Union of Soviet Socialist Republics to the United Nations addressed to the Secretary-General" (PDF) (82-24372). 16 de setembro de 1982: 4. Consultado o 12 de novembro de 2017.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 Claude Lafleur (2017). "Soyuz T-5" (en inglés). Consultado o 12 de novembro de 2017.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Gunter Dirk Krebs (2017). Gunter's Space Page, ed. "Soyuz -T 1 - 15 (7K-ST, 11F732)" (en inglés). Consultado o 12 de novembro de 2017.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Mark Wade (2017). "Soyuz T-5" (en inglés). Consultado o 12 de novembro de 2017.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Soiuz T-5 |